Carpintería en Xinzo de Limia

Carpintería e Ebanistería.

Estruturas de Entramado lixeiro.
Casas Pasivas e chave en man.

Carpintería Fandinga

Especialistas en deseño e montaxe de madeira

A nosa paixón polos detalles e o deseño permítenos ofrecer mobles personalizados e estruturas modernas que destacan pola súa calidade e sustentabilidade. Cun enfoque artesanal e o uso de técnicas avanzadas, creamos espazos que inspiran, coidando sempre da contorna e garantindo resultados de excelencia.

Estrutura de entradamo lixeiro, realizada en Xinzo de Limia

Os nosos servizos de carpintería

Carpintería Ebanistería

Mobiliario e acabados personalizados que destacan pola súa calidade e detalle. Cociñas, armarios, escaleiras, xanelas...

Entramado Lixeiro

Especialistas na construción de estruturas lixeiras de madeira, deseñadas para maximizar eficiencia e sustentabilidade.

Casas chave en man

Solucións personalizadas, modernas e funcionais, con tempos de construción reducidos.

Casas Pasivas

Construímos vivendas que combinan deseño bioclimático e materiais naturais para garantir confort, aforro enerxético e sustentabilidade.

destacado

Casas de estrutura de madeira

En Fandinga ofrecemos un servizo integral para a construción de casas prefabricadas chave en man. Encargámonos de todo o proceso: desde o estudo do terreo, proxecto e cimentación, ata a instalación de estruturas de madeira, fontanería, electricidade e acabados interiores e exteriores. Incluímos cociña equipada, armarios encaixados e carpintería de calidade, asegurando eficiencia, deseño e confort en cada detalle. Con solucións como fachadas ventiladas e cubertas duradeiras, entregamos fogares completos, listos para habitar con garantía de calidade e sustentabilidade.

Por que elixir a Carpintería Fandinga?

Experiencia e profesionalidade

Anos de traballo aválannos como referentes no sector.

Solucións personalizadas

Deseñamos e construímos segundo as túas necesidades.

Cumplimos os teus prazos

Traballamos con eficiencia para cumprir os prazos sen comprometer a calidade.

carpintería en xinzo de limia

Traballos realizados en Ourense

Solicita orzamento

Onde atoparnos en Xinzo de Limia

Lugar Santa Baia, s/n
Rairiz de Veiga (32652),  Ourense
Formulario