fandinga
Casas Chave en Man
Comodidade e Deseño Personalizado
Casas Chave en Man.
Sustentabilidade e Eficiencia
En Fandinga, ofrecemos vivendas chave en man deseñadas para combinar confort, sustentabilidade e eficiencia enerxética. Desde o primeiro bosquexo ata a entrega final, coidamos cada detalle para garantir que a túa casa sexa funcional, eficiente e respectuosa co medio ambiente.
Por que elixir unha Casa Chave en Man?
Nosas Casas Chave en Man ofrecen unha solución integral para que poidas gozar do teu fogar sen preocuparche polos detalles técnicos. Encargámonos de todo o proceso, desde o deseño ata a entrega final, asegurando calidade, eficiencia e tranquilidade en cada etapa.
A nosa metodoloxía de traballo optimiza tempos e custos, permitíndoche ter unha casa moderna, confortable e lista para habitar en menos tempo.
Cómo empezamos?
Estudo personalizado e orzamento sen compromiso
Tras a primeira reunión, analizamos as túas necesidades e preferencias para elaborar un orzamento aproximado da vivenda. Este proceso inicial é clave para ofrecerche unha solución adaptada ás túas expectativas sen compromiso.
Deseño e desarrollo do proxecto
Creamos un modelo de vivenda en planta acorde aos teus desexos, optimizando distribución, eficiencia e estética. A partir deste deseño, desenvolvemos o Proxecto Básico, definindo materiais e características esenciais.
Proxecto de execución
Encargámonos do Proxecto de Execución na súa totalidade, incluíndo cálculos estruturais, deseño de instalacións e todos os detalles técnicos, asegurando que cada fase cumpra coa normativa e garanta un resultado seguro e eficiente.
Inicio da obra e construción
Con todo aprobado, comezamos a construción do teu fogar baixo os máis altos estándares de calidade e sustentabilidade. Ocupámonos de cada fase para entregarche unha vivenda eficiente, moderna e lista para entrar a vivir.
destacado
CASAS CHAVE EN MAN
Ofrecemos un servizo chave en man que abarca todos os detalles para que goces do teu novo fogar sen complicacións:
- Estudos iniciais: Análise xeotécnico e levantamento topográfico.
- Deseño e planificación: Proxecto personalizado e dirección de obra.
- Construción de calidadeb: Cimentación, lámina antiradón e estrutura de entramado lixeiro.
- Instalacións completas: Fontanería, calefacción e electricidade.
- Acabados exteriores: SATE ou fachada ventilada, cuberta e carpintería exterior.
- Acabados interiores: Cociña equipada, portas, armarios encaixados, chans e alicatados.