fandinga

Entramado Lixeiro

Sustentabilidade, eficiencia e versatilidade.

Entramado lixeiro.
Estructuras e casas de madeira.

O entramado lixeiro de madeira é unha estrutura formada por elementos como vigas, montantes e paneis certificados, deseñados para soportar cargas de forma eficiente e lixeira. A súa principal vantaxe é o seu peso reducido, o que facilita a súa manipulación, instalación e rapidez de construción. Ademais, é altamente flexible no deseño, sostible e adecuado para vivendas, edificios comerciais e estruturas prefabricadas. Este sistema constitúe o armazón principal dunha edificación, unindo pezas de diferentes tamaños para formar unha base sólida e adaptable.

Ventaxas do Entramado Lixeiro

O entramado lixeiro destaca pola súa eficiencia enerxética, sustentabilidade e rapidez. Mellora a transmitancia térmica respecto a sistemas como CLT ou Steel Frame, integrando estrutura, illamento e cerramentos nun só paquete.

Rapidez

O entramado lixeiro permite construír vivendas de maneira rápida e eficiente grazas ao seu sistema de construción en seco, que elimina tempos de fraguado. A estrutura pode levantarse en menos dun mes, e o proxecto completo adoita completarse nun prazo de catro a sete meses.

Eficiencia Enerxética

A madeira, coa súa capacidade de romper pontes térmicas, minimiza a transferencia de temperatura. Combinado con muros ocos recheos de illantes, o sistema garante un illamento térmico e acústico superior.

Sostenibilidade

Utilizamos madeira certificada polo sistema FSC, proveniente de bosques xestionados de forma responsable. Este material natural reduce as emisións e é unha opción renovable que non transmite temperatura, ofrecendo vantaxes ecolóxicas únicas.

Durabilidad e Resistencia

Con materiais de calidade e tratamentos modernos, o entramado lixeiro garante lonxevidade. A madeira tratada é resistente a humidade, insectos e lume, mentres que o deseño estrutural distribúe cargas eficientemente, asegurando robustez a longo prazo.

destacado

Aplicaciones do entramado lixeiro

O entramado lixeiro adáptase a unha ampla variedade de proxectos, destacando pola súa versatilidade e eficiencia:

Proceso de Traballo do entramado lixeiro

Estudo e Deseño

Creación dun deseño arquitectónico personalizado, optimizando espazo, eficiencia enerxética e estética.

Selección de Materiais

Elección de sistemas de illamento térmico e acústico de alto rendemento.

Fabricación en Taller

Produción, corte e ensamblado de alta precisión para garantir calidade e axuste.

Montaxe en Obra

Transporte dos compoñentes ao lugar de construción. Ensamblaxe rápida e segura, reducindo tempos e custos no sitio.

Acabados Finais

Integración de sistemas adicionais (portas, xanelas, instalacións). Revisión de detalles para asegurar un resultado final impecable.

Entrega

Garantía de calidade, cumprimento de prazos e satisfacción do cliente.

Solicita orzamento

Onde estamos, Carpintería en Ourense

Lugar Santa Baia, s/n
Rairiz de Veiga (32652), Ourense
Xinzo de limia –  Ourense
Formulario